TRANSFORMADOR DIDÁCTICO

Alumnado do IES Fermín Bouza Brey, de Vilagarcía de Arousa, realizará practicas no CIFP Politécnico de Santiago utilizando o recurso didáctico SMART GRID”

Este mércores 22 de febreiro alumnado de Formación Profesional, do IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa) do ciclo formativo de Instalacións eléctricas e automáticas realizará prácticas na Rede Eléctrica Intelixente (Smart Grid) con sistema de telecontrol e telemando aplicado a Centro de Transformación Didáctico.

Día e hora do evento: 
mércores, 22 Febreiro, 2017 - 00:00