ALUMINIOS CORTIZO (Accións de colaboración Formativa) |
|
---|---|
![]() |
Coñecer o proceso completo do aluminio, desde a fundición de materia prima ata a súa materialización en produtos como sistemas de cerramentos para a arquitectura e compoñentes industriais para sectores como a industria do automóbil, a aeronáutica ou a fabricación de bens de equipo (ascensores, mobiliario, equipos ofimáticos, etc.). |
O TALLER DO ALUMINIO expoñerá un conxunto de sistemas produtivos de contrastada relevancia e calidade no ámbito de influencia xeográfica e sectorial do Grupo Cortizo, para que todas aquelas persoas que se están preparando para a súa futura incorporación ao mercado laboral, conten cun contacto de referencia que lles permita coñecer de primeira man as necesidades actuais e futuras dunha compañía internacional galega. Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o tríptico informativo. |
Día e hora do evento:
martes, 24 Xaneiro, 2017 - 00:00 a xoves, 26 Xaneiro, 2017 - 23:45