Procesos de separación na industria química |
|
---|---|
![]() |
O mércores 25 de xaneiro, de 17.00-18.00 h., no Salón de Actos, haberá unha charla sobre "A necesidade de andar separando: procesos de separación na industria química", dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago". |
Será impartida polo profesor Héctor Rodríguez Martínez, Profesor de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela. Sinopse: As operacións de separación están presentes na inmensa maioría dos procesos químicos industriais, xa sexa para a valorización de materias primas multicompoñente, a purificación de compostos, etc., xogando un papel crucial na obtención de multitude de produtos e materiais que nos rodean na vida cotiá. Os modos de acometer as separacións desexadas son moi variados, incluíndo destilación, extracción, absorción... Preséntanse exemplos clásicos de utilización destas técnicas, e a Enxeñería Química como disciplina de referencia para a súa concepción e deseño. Prema sobre a seguinte ligazón para descargar o cartel da actividade. |
Charla Programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC"
Día e hora do evento:
mércores, 25 Xaneiro, 2017 - 17:00 a 18:00