Taboleiro

Taboleiro de Anuncios para o Profesorado

Cooperativismo no ensino 2015

Cooperativismo no ensino 2015

A Consellería de Traballo e Benestar convoca o certame cooperativismo no ensino dirixido aos centros educativos de Galicia.

O certame Cooperativismo no ensino ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial de Galicia , impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

Xornadas de Emprendemento

XORNADAS DE EMPRENDEMENTO

Durante a semana do 2 ao 6 de marzo celebraranse neste Centro unhas Xornadas de Emprendemento dirixidas ao alumnado do 2º curso dos distintos Ciclos Formativos.

Talleres de Empregabilidade

Talleres de Empregabilidade

A consultora Extend de A Coruña impartirá o luns 2 de marzo sendos talleres en quendas de mañá (9:30/13:00) ou tarde (16:00/19:30) sobre o autocoñecemento, a redacción e visibilidade do CV, métodos de procura de emprego e cómo afrontar entrevistas de traballo. Estas charlas interactivas están dirixidas @s alumn@s de Empresa Iniciativa Emprendedora.

II Encontro InspiraTlCs e II Concurso Proyecta Innovación

II Encontro InspiraTICs  e II Concurso Proyecta  Innovación

O II lnspiraTlCs, un encontro para profesores de toda Galicia, aspira a ser un espazo no que un bo número de profesionais da educación se acheguen a novas ferramentas dixitais que enriquezan o seu labor docente, ademais dun lugar para compartir as súas propias experiencias.

Pola súa banda, o II Concurso Proyecta lnnovación ten como obxectivo facer realidade proxectos educativos que impulsen a innovación a través do uso das TlCs nas aulas dos centros escotares galegos.

Páxinas