Novas
REBT - Nova ITC
REBT - Nova ITC |
|
---|---|
![]() |
No BOE do 31-12-2014 publicouse o Real Decreto 1053/2014 ca nova ITC do Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión: "Instalaciones con fines especiales. Infraestructura para la recarga de vehículos eléctricos". |
Semana de Portas Abertas 2015
Semana de Portas Abertas 2015 |
|
---|---|
Esta semana celebramos unha xornada de portas abertas na que se presenta unha mostra dos estudios que se imparten no noso centro ao alumnado dos últimos cursos de Educación Secundaria e Bacharelato. |
O “ESPANTALLO” TRASPASA FORMATOS
O “ESPANTALLO” TRASPASA FORMATOS |
|
---|---|
![]() |
Pasaron xa máis de catro décadas dende que Espantallo amigo, de Xosé Neira Vilas veu a luz. Lonxe de esmorecer, o texto reinvéntase con cada nova adaptación teatral. A derradeira, a aposta da compañía Os Quinquilláns, conxuntamente coa Editorial Galaxia, que se estreou en sete concellos en decembro pasado dentro do programa de dinamización lingüística da Consellería de Cultura Nadal na Rede. Coordinación EDLG. Fonte – El Correo Gallego |
A QUÍMICA DA UVA MENCÍA DEFÍNESE POLO SOLO E POLO CLIMA
A QUÍMICA DA UVA MENCÍA DEFÍNESE POLO SOLO E POLO CLIMA |
|
---|---|
![]() |
Os resultados dunha tese doctoral realizada polo CSIC, defendida por Íria Rodríguez Vega, permite coñecer, por primeira vez, a composición bioquímica da principal variedade de uva tinta de Galicia, a mencía, así como a influencia que exercen na mesma as características ambientais e orográficas das cinco subzonas de cultivo da Denominación de Orixe Ribeira Sacra (Amandi, Chantada, Ribeiras do Miño, Quiroga – Bibei e Ribeiras do Sil). Coordinación EDLG. Fonte – El Correo Gallego |
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- 89
- 90
- 91
- 92
- …
- seguinte ›
- última »