Emprendemento


"Emprendemento: Visita a GRI TOWERS"

Alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Construcións metálicas e de 2º do Ciclo Medio de Soldadura e caldeiraría visitou o día 10 de marzo as instalacións da empresa GRI Towers, sito no Polígono Industrial da Uceira no Carballiño, dentro das actividades organizadas co obxecto de fomentar o emprendemento no sistema educativo non universitario asociado á innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Búscase asociar a innovación coas ideas de creación de novas empresas no sector da fabricación mecánica.

Na visita á empresa o alumnado poido coñecer todo o proceso de fabricación das torres dos muíños eólicos, a través de actividades como identificación de chapas, corte de chapa con oxicorte e con plasma, preparación de bordes, curvado e conformado de cilindros, soldadura con MIG/MAG e soldadura con arco mergullado.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da xornada.

 
 
 
 

 

 

Share this post