Aulas de Emprendemento


Aulas de Emprendemento: Formación para o emprendemento no escaneado 3D para máquinas de CN

Alumnado de 1º curso do Ciclo Superior de Amoblamento e de 2º curso do Ciclo Medio de Carpintaría e moble participou o día 28 de outubro na Aula de madeira 11 do centro na actividade formativa “Formación para o emprendemento no escaneado 3D para máquinas de CN”. 

Esta actividade encádrase no programa “Aulas de emprendemento”, que ten por obxecto fomentar o emprendemento no sistema educativo non universitario asociado á innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Búscase asociar a innovación coas ideas de creación de novas empresas no sector da madeira. 

Esta acción se desenvolve dentro das actuacións vinculadas ao Plan de Formación Profesional para el Crecimiento Económico y Social y la Empleabilidad, “Creación de aulas de emprendimiento en FP”. Esta actuación é cofinanciada polo Ministerio de Educación y Formación Profesional y pola Unión Europea NextGenerationEU, dentro do programa de cooperación territorial.

 
 

 

 

Share this post