Charla Programa  "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC"

O luns 13 de febreiro, de 10.30-11.30 h., no Salón de Actos, haberá unha charla sobre "Modelado 3D de obxectos reais por escolares", dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago".

Será impartida polo profesor Juan Ortiz Sanz, Juan, Profesor de Ingeniería Agroforestal da  Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela.

Sinopse: Na charla falarase sobre a elaboración de modelos 3D de obxectos reais, que son figuras virtuais tridimensionais, a escala, que representan fielmente a realidade e que se empregan en multitude de campos (medicina, veterinaria, urbanismo, arquitectura, moda, automoción, aeroespacial, motos, videoxogos, deportes, conservación do patrimonio, accesibilidade e moitos máis). Xa constitúen unha potente ferramenta de rexistro de información utilizada por moitos escolares, universitarios e profesionais de todo tipo en todo o mundo, pois, entre outras cousas, os modelo 3D virtuais son os arquivos dixitais que empregan as impresoras 3D. Falarase entón das ferramentas gratuitas existentes na actualidade para modelado 3D a partir de fotos tomadas con calqueira móvil/tablet, o que permiten xa a calqueira alumno modelar en 3D o que desexe.

Prema sobre a seguinte ligazón para descargar o cartaz da actividade.

Día e hora do evento: 
luns, 13 Febreiro, 2017 - 10:30 a 11:30