NA SEMANA DAS LETRAS...

recibiremos no noso Centro a Serafín Marcos e Xaime Lis.

Con motivo da celebración do día das letras galegas, Serafín Marcos, ás 10.30 representará un monólogo que leva por título "As paisaxes de Carlos Casares" e, pola tarde ás 16.00 horas, Xaime Lis, do equipo da Librería Komic de Santiago, impartirá unha charla-coloquio co título "A banda deseñada en galego".

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartaz da actividade.

Organizan o Equipo de Dinamización de Lingua Galega e a Biblioteca do CIFP Politécnico de Santiago.

Día e hora do evento: 
martes, 16 Maio, 2017 - 00:00