Leonardo: a representación gráfica das súas ideas |
|
---|---|
![]() |
O vindeiro xoves, 26 de novembro, terá lugar unha charla no noso centro sobre a faceta de Leonardo da Vinci como inventor, dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago". Será impartida por D. Francisco Javier López González, profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC (campus de Lugo). Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartel da actividade. Organizan os departamentos de Información e Orientación e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega. |
Día e hora do evento:
xoves, 26 Novembro, 2015 - 12:00 a 13:00