Charla coloquio dos responsables da Librería KOMIC e Concerto do Coro de Amigos do CMUS

Con motivo da celebración das Letras Galegas, Xaime Lis, do equipo da Librería Komic de Santiago, impartirá unha charla-coloquio co título "40 anos de viñetas galegas". Complementará a velada a actuación do Coro de Amigos do CMUS de Santiago cun programa de música coral galega.

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartel da actividade.

Organizan o Equipo de Dinamización de Lingua Galega e a Biblioteca do CIFP Politécnico de Santiago.

Día e hora do evento: 
luns, 11 Maio, 2015 - 20:00 a 21:15