Enquisa SELFIE


Como parte da elaboración do Plan Dixital do CIFP Politécnico de Santiago, está aberto o prazo ata o 15 de decembro para facer a enquisa SELFIE que recompila os datos de partida en competencias dixitais do noso centro.

Solicítase encarecidamente a colaboración do profesorado que leva máis dun ano no centro e dos titores e titoras de presencial para que a fagan co seu alumnado. A enquisa é totalmente anónima e pídese sinceridade nas respostas para que os resultados sexan fieis á realidade e sirvan para a elaboración do Plan Dixital.

Moitas grazas a todos e todas polo voso tempo e colaboración.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder ás enquisas SELFIE (É preciso identificarse como usuario rexistrado para o acceso).

 
 
 
 

 

 

Share this post