O noso alumnado

Detrás do Roque futbolista está Roque González Delgado, técnico de laboratorio en prácticas en Galacteum, compañía do sector lácteo. Con 19 anos, compaxina adestrar nun equipo que milita na Segunda RFEF co seu posto de traballo.

“Estudei un ciclo superior dual en Santiago, que son seis meses de clase e outros seis de prácticas. Desde  Galacteum foron a entrevistarme ao politécnico, encaixaba co que buscaba e desde marzo ata agosto, estou aquí”, explica o Roque traballador. Na empresa, a actividade deportiva do seu técnico de laboratorio en prácticas, pilloulles por sorpresa: “Cando chegou decatámonos de que practicaba deporte preto da elite”, apunta Manuel Salgueiro, director financeiro e responsable de recursos humanos da compañía.

Fonte: El Correo Gallego

Share this post