Enviado por charofdezmunin a Xov, 17/03/2016 - 11:43
A pasada semana celebramos o día da muller traballadora no CIFP Politécnico de Santiago, colocando nos taboleiros do recibidor varias fotos, acompañadas dunha lenda, sobre mulleres consideradas sobresaíntes.
Para o próximo luns 7 de marzo, dentro das charlas divulgativas da USC, está acordada a seguinte: “Aplicacións da Biotecnoloxía e da Enxeñaría Ambiental”.
O pasado venres, 5 de febreiro celebramos o Entroido no CIFP Politécnico de Santiago. Houbo doces caseiros para compartir: filloas, orellas, rosquillas...
O venres, 5 de febreiro, ás 11.30 da mañán, no recibidor do noso Centro, trae doces para compartir e celebrar o Entroido: filloas, orellas, rosquillas, follas de limón... Coa súa receita.
O vindeiro xoves, 28 de xaneiro, terá lugar unha charla no noso centro sobre dispositivos baseados na aplicación de conceptos básicos de Termodinámica para o deseño de sistemas enerxéticos para o Terceiro Mundo, dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago". Será impartida por Dna. María del Pilar Brocos Fernández, profesora titular do Departamento de Física Aplicada, da Facultade de Física.
Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartelda actividade.
Organizan os departamentos de Información e Orientación e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega.
O vindeiro xoves, 26 de novembro, terá lugar unha charla no noso centro sobre a faceta de Leonardo da Vinci como inventor, dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago". Será impartida por D. Francisco Javier López González, profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC (campus de Lugo).
Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartelda actividade.
Organizan os departamentos de Información e Orientación e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega.