Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
Con motivo da reivindicación do cese da violencia en contra das mulleres, no noso Centro tomamos unha postura activa e pedímoslle ao noso alumnado e persoal docente e non docente que colgara nos taboleiros do recibidor mensaxes en contra da violencia de xénero.
O vindeiro venres, 17 de novembro, ás 11.30 da mañán haberá castañas, música e foliada para celebrar o Samaín. Se traemos doces caseiros compartirémolos.
Con motivo dos actos de celebración do 50 Aniversario da construción do noso edificio, o Coro de Amigos do Conservatorio Profesional de Música de Santiago volverá ao noso Centro para interpretar un programa variado no que soarán pezas de J. del Encina, W. A. Mozart, X. Montes e C. Simon, entre outros.
A semana pasada celebramos as Letras Galegas, dedicadas a Carlos Casares, cun monólogo protagonizado por Serafín Marcos e unha conferencia impartida por Xaime Lis.
Con motivo da celebración das Letras Galegas, a Orquestra Xuvenil de Corda do Conservatorio Profesional de Música de Santiago volverá ao noso Centro para interpretar un programa didáctico no que soarán pezas de E. Elgar, G.F. Haendel e G. Mahler, entre outros.