Actividades

Actividades do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Con motivo das letras galegas 2018

Con motivo da celebración do día das letras galegas, Serafín Marcos, ás 10.30 do luns 21 de maio representará un monólogo que leva por título "Unha historia de amor" e faremos unha lectura de textos de María Victoria Moreno o mércores 23 de maio ás 11.30 horas.

Conferencia: "Materiais si pero, sobre todo, sentidiño."

O luns, 14 de maio, ás 10.15 horas, no Salón de Actos, haberá unha charla sobre materiais químicos, que será impartida polo profesor investigador do CSIC don Alfonso J. Vázquez Vaamonde.

Día Internacional da Muller 2018

Durante a semana do 5 ao 9 de marzo celebrarase neste Centro o día (semana neste caso) da Muller traballadora.

"Contaminantes emerxentes no ámbito doméstico"

O luns, 19 de febreiro, ás 17.00 horas, no Salón de Actos, haberá unha charla sobre "Contaminantes emerxentes no ámbito doméstico", dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago".

Entroido 2018

Celebración do Entroido o pasado venres

O pasado venres, 9 de febreiro, na hora da pausa da mañán, celebramos o Entroido no noso centro.

Entroido 2018

O vindeiro venres 9 de febreiro ás 11.30 da mañán, no recibidor do noso Centro, trae doces para compartir e celebrar o Entroido: filloas, orellas, rosquillas, follas de limón... (coa súa receita).

"Ledes: luces e sombras"

O martes 23 de xaneiro, ás 10.30 horas, no Salón de Actos, haberá unha charla sobre "Ledes: luces e sombras", dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago".

“Como ven as máquinas?”

Celebración charla Programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC"

O venres 12 de xaneiro tivo lugar unha charla no noso centro, con título "Como ven as máquinas?", dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago".

“Como ven as máquinas?”

O venres12 de xaneiro, ás 10.30 horas, no Salón de Actos, haberá unha charla sobre "Como ven as máquinas?", dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago".

Páxinas