Conferencia do músico e luthier Francisco Luengo |
|
---|---|
![]() |
Este venres 22 de maio, ás 20.00 horas, o músico e luthier Francisco Luengo impartirá no Salón de Actos do noso Centro unha conferencia co título "A lutería artística na Idade Media" sobre a construción dos instrumentos do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela. Complementará a velada a actuación de Antía Muiño Sánchez (guitarra) e o Conxunto de Violíns de 1º e 2º de Grao Profesional do CMUS de Santiago. Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartel da actividade. Organizan o Departamento de Madeira, Equipo de Dinamización de Lingua Galega e a Biblioteca do CIFP Politécnico de Santiago; así como o Equipo de Dinamización Lingüística e o profesorado de violín e guitarra do Conservatorio Profesional de Santiago. |
Día e hora do evento:
venres, 22 Maio, 2015 - 20:00 a 21:30