Ventiladores Clyde

O venres, 21 de xaneiro, tivo lugar a cuarta reunión do club de lectura do curso 2021-2022 na hora do descanso, na que falamos de Ventiladores Clyde, de Seth. Ventiladores Clyde é a empresa familiar fundada polo pai de Abraham « Abe» Matchcard e  Simon Matchcard. Dous irmáns moi distintos entre si, pero que arrastran conflitos do pasado que marcaron a súa vida. A novela gráfica vai dando saltos no tempo para que podamos ser testemuñas dos episodios que marcaron a vida dos protagonistas e a súa empresa.

Share this post