Europass ten como obxectivo contribuír á mobilidade de estudantes e á empregabilidade de traballadores en Europa e no seu propio país, facilitando a comparación das súas habilidades e cualificaciones e contribuíndo, dese modo, á eliminación de barreiras para estudar ou traballar en Europa.
Europass é un dossier electrónico persoal, que consta dun CV electrónico e un portafolio de documentos (o Pasaporte de Competencias) no que se poden compilar os demais documentos Europass: o Pasaporte das Linguas, os Suplementos Europass e o Documento de Mobilidade, así como outros documentos importantes como, por exemplo, certificados de estudos ou traballo.
Europass é gratuíto e permite ás persoas presentar as súas competencias, habilidades e cualificacións dunha maneira clara a través duns documentos que axudan aos posibles empregadores, establecementos educativos e provedores de capacitación a comprender que materias se estudaron, que capacitación se completou ou que experiencia laboral se adquiriu.
Europass inclúe 5 documentos, dous deles elaborados polo propio titular e outros tres emitidos polas autoridades competentes, e que permiten demostrar de forma clara e transparente os coñecementos académicos, profesionais ou lingüísticos dos seus titulares de forma estandarizada en todo o territorio europeo.
Os documentos individuais inclúen:
- Currículo Vitae Europass
- Pasaporte Europeo de Linguas
Os documentos que deben ser emitidos polas autoridades competentes inclúen:
- Documento de Mobilidade Europass
- Suplemento ao Título / Certificado Europass
- Suplemento ao Diploma Europass
Información recompilada da páxina do SEPIE, para saber máis :
http://sepie.es/iniciativas/europass/que-es-europass.html
Os documentos Europass pódelos atopar en:
https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents