Aplicacións da Biotecnoloxía e da Enxeñaría Ambiental |
|
---|---|
![]() |
Para o próximo luns 7 de marzo, dentro das charlas divulgativas da USC, está acordada a seguinte: “Aplicacións da Biotecnoloxía e da Enxeñaría Ambiental”. Prema sobre a seguinte ligazón para descargar o cartaz da actividade. |
Nela describirase a Enxeñaría Ambiental e a Biotecnoloxía Ambiental, abordándose algúns exemplos representativos da súa importancia actual: procesos de descontaminación de augas residuais urbanas e industriais, bioremediación de solos, efluentes gasosos, así como os novos procesos de valorización (biocombustibles, bioplásticos, etc.). Tamén abordaranse as expectativas de desenvolvemento deste sector a nivel galego, nacional e internacional. Impartida por: Francisco Omil Prieto. Catedrático. Subdirector da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Universidade de Santiago de Compostela. Lugar: Salón de actos. Organizan: Departamento de Información e Orientación / Equipo de Dinamización da Lingua Galega |
Charla divulgativa
Día e hora do evento:
luns, 7 Marzo, 2016 - 12:00