Alcoa e Feuga impulsan un programa de bolsas para mozos en paro

Alcoa e Feuga impulsan un programa de bolsas para mozos en paro

Fundación Alcoa e Fundación Empresa - Universidade Galega (FEUGA) poñen en marcha o programa de formación con prácticas en empresas, Intership Program for Unemployed Youth, polo que 50 mozos titulados e desempregados beneficiaranse dun programa de desenvolvemento profesional para facilitar a súa inserción laboral. A presentación será o próximo 9 de outubro, na sede de Feuga, nunha xornada que reunirá a empresas e interesados nestas bolsas. O programa dispón dunha bolsa de 125000 dólares que patrocina Alcoa, e está deseñado para mozos entre 18 e 24 anos que estean en disposición dun título en FP ou dunha licenciatura que non traballasen con anterioridade.

Os interesados en asistir poden inscribirse en www.feuga.es ou chamando ao teléfono 981534180.

La Voz de Galicia, 28 de setembro de 2014

Share this post