O xoves, 16 de setembro, continuarán as sesións de acollida co alumnado de SEGUNDO CURSO dos distintos ciclos formativos de quenda matutina e vespertina, os ciclos formativos DUAIS de quenda VESPERTINA e os ciclos formativos de adultos na modalidade PRESENCIAL. Por favor, consulten o cartel adxunto. Estas sesións de acollida terán continuación o día 17 de setembro co ciclo de Formación Profesional Básica. O curso de especialización en Ciberseguridade terá a súa sesión de acollida o martes, 2 de novembro.

NOTA: Este centro non dispón de zonas de aparcamento de vehículos para o alumnado, pero nas proximidades do edificio existe un amplo aparcadoiro gratuito (Área de Libre Estacionamento Santa Marta) no que poderán deixar o vehículo.

Día e hora do evento: 
xoves, 16 Setembro, 2021 - 00:00 a 23:45