O mércores, 15 de setembro, darán comezo as actividades lectivas no noso centro coa acollida do alumnado de PRIMEIRO CURSO dos distintos ciclos formativos de quenda matutina e vespertina, os ciclos formativos DUAIS de quenda MATUTINA e os ciclos formativos A DISTANCIA. Por favor, consulten o cartel adxunto. Estas sesións de acollida terán continuación os días 16 e 17 de setembro cos restantes cursos e ciclos formativos. O curso de especialización en Ciberseguridade terá a súa sesión de acollida o martes, 2 de novembro.

NOTA: Este centro non dispón de zonas de aparcamento de vehículos para o alumnado, pero nas proximidades do edificio existe un amplo aparcadoiro gratuito (Área de Libre Estacionamento Santa Marta) no que poderán deixar o vehículo.

Día e hora do evento: 
mércores, 15 Setembro, 2021 - 00:00 a 23:45