Gestión sostenible de los residuos peligrosos


Fondo: Descrición

A xestión óptima dos residuos ordénase dentro dun marco xerárquico que contempla desde a redución en orixe, como estratexia preferente, ata a eliminación, sempre de forma controlada e unha vez esgotadas as posibilidades técnico-económicas de valorización, tanto material como enerxética. Esta xerarquía, expresamente recollida na directiva europea e na lexislación española, anima a orientación desta obra, que analiza os distintos aspectos que configuran as bases científico-técnicas sobre as que articular as correspondentes solucións.

Así mesmo, abórdase a caracterización dos residuos perigosos, cuestión previa esencial, as diversas tecnoloxías de tratamento, dentro dun amplo espectro, e as estratexias de  minimización e valorización, cun capítulo final dedicado ás auditorías de residuos. Ademais, inclúese un capítulo relativo aos residuos radioactivos, que, aínda que están suxeitos a regulación específica, son conceptualmente residuos perigosos.