O pasádo mércores día 6 de abril, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou o evento Galiemprende, no marco da súa estratexia de fomento do Emprendemento.

O evento contribuíu á posta en común de proxectos empresariais en distintas fases de desenvolvemento e foi espazo de encontro xerador de sinerxias entre os emprendedores da Rede galega de viveiros de empresas en centros educativos e do Centro de Emprendemento de Galicia (CEM).

O CIFP Politécnico participou co proxecto Car Rescue, do emprendedor Emmanuel K. Yawson, coa asistencia de alumnado da Familia de Química con iniciativas emprendedoras, e coa asistencia do director e de profesorado do Centro con responsabilidade en materia de Emprendemento.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotos conmemorativas do evento.