Celebración de Actividade Formativa


Xornadas sobre busca de emprego coa colaboración de Galejobs

Os días 6 e 10 de maio celebráronse unhas xornadas telemáticas sobre a busca de emprego dirixidas ao alumnado de FOL de todos os ciclos do centro, tanto de mañá como de tarde. Participaron máis de 200 alumn@s.

Esta actividade tiña como finalidade acercar a este alumnado aos aspectos máis importantes que deberán ter en conta á hora de prepararse para participar en distintos procesos de selección de persoal cando inicien a súa busca de emprego.

Estas xornadas son unha iniciativa do Departamento de FOL e desenvolvéronse en colaboración coa empresa Galejobs.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías da xornada.

 
 
 
 

 

 

Share this post