Francisco Antelo Csorba, alumno do noso Centro, gaña o premio co proxecto RUEH

Un alumno do CM Carpintaría e Moble, Francisco Antelo Csorba, gañou o premio “Mellor proxecto de Grao Medio Individual” co proxecto RUEH no “CONCURSO NACIONAL DE PROYECTOS DE INSTALACIÓN Y DESARROLLO DE PRODUCTOS DE MADERA Y MUEBLE 2018”.

O deseño consistía nunha cama tipo tatami con diversas funcións, e realizada en madeira laminada e alistonada en eucalipto.