Os fundamentos do funcionamento dun ordenador

Para o próximo mércores 18 de xaneiro, dentro das charlas divulgativas da USC, impartirase a seguinte:

Título da charla: “Os fundamentos do funcionamento dun ordenador”.

Nesta charla introdúcense os elementos básicos dun ordenador, a súa función e a relación que hai entre eles. Móstrase o concepto de programas e como é o paso dun programa escrito nunha linguaxe de programación a código binario do computador. Explícanse tamén os detalles da súa execución.

Impartida por: Francisco Fernández Rivera, Catedrático de Arquitectura de Computadores de la Universidad de Santiago de Compostela.

Lugar: Salón de actos.

Día e hora do evento: 
mércores, 18 Xaneiro, 2017 - 10:30 a 11:30