Animación á Lectura

Actividades da Biblioteca encamiñadas á animación á lectura

Celebración da Homenaxe a Eduardo Pondal

Hoxe celebramos unha homenaxe a Eduardo Pondal consistente na lectura dunha selección de poemas da súa obra Queixumes dos Pinos., coincidindo co 130º aniversario da súa publicación.

Participaron os alumnos Xeila, Adriana e José Manuel, así como os profesores Edita, Ismael e Carlos, e o acto rematou coa lectura do poema Os Pinos, texto que pon letra ao Himno Galego. Moitas grazas a todos eles.

Eduardo Pondal

Lectura de Poemas

O sábado 12 de novembro cúmprense 130 anos da primeira edición de Queixumes dos Pinos de Eduardo Pondal, polo que o vindeiro luns, 14 de novembro faremos unha lectura de poemas na Biblioteca do noso Centro, entre as 11.30 e as 12.00 horas.

Preme sobre o seguinte enderezo para acceder ao cartel informativo da xornada.

Ademais, La Voz de Galicia reedita en facsímil este poemario e ofrecerallo aos seus lectores este sábado.

Troca de Libros

Xornada de intercambio de libros con motivo da celebración do Día do Libro (23 de abril).

Na Biblioteca do noso Centro podedes intercambiar os vosos libros. Simplemente colle un libro e deixa outro no seu lugar.

Celebración da Homenaxe a Xosé Neira Vilas

Hoxe celebramos unha homenaxe a Xosé Neira Vilas consistente na lectura dunha selección de contos da obra Contos de tres mundos.

Participaron as alumnas Adriana e Lara, do CS de Laboratorio e Control de Calidade; Víctor, do CS Sistemas Electrotécnicos e Automatizados; e Carlos e Kevin, do CM Instalacións Eléctricas e Automáticas.

Moitas grazas a todos eles.

Homenaxe a Xosé Neira Vilas

Homenaxe a Xosé Neira Vilas

O vindeiro luns, 25 de xaneiro, con motivo do recente pasamento do escritor Xosé Neira Vilas, faremos unha lectura de Contos de tres mundos na Biblioteca do noso Centro, entre as 11.30 e as 12.00 horas.

Preme sobre o seguinte enderezo para acceder ao cartel informativo da xornada.

Luis Alberto de Cuenca Premio Nacional de Poesía polo seu poemario “Cuaderno de vacaciones”

Luis Alberto de Cuenca

Luis Alberto de Cuenca: Premio Nacional de Poesía polo seu poemario “Cuaderno de vacaciones”

Segundo o Xurado: “A excelencia do seu estilo, unida á voz da autenticidade no espazo literario, converten os poemas deste libro nuhna progresión cuxa forza emocional roza o sublime, logrando unha poética que vincula mitos e oríxenes, coñecemiento e escritura, devenir vital e imaxinario, xunto ás fontes creativas que dan cauce á modernidade”.

Páxinas