O Departamento de FOL ven de impartir para o grupo de segundo ano de FP Básica un taller de busca de emprego.

A actividade, na que o alumnado participou moi activamente e  que tiña como obxectivo primordial proporcionar aos asistentes  ferramentas para poder superar con  maior éxito un proceso de selección de persoal, tivo lugar os días 20, 22, 27, 29 de xaneiro e o 3 de febreiro.