IMPORTANTE

IMPORTANTE: Realización da FCT en setembro e Bolsas do Ministerio

Na páxina de web de FP da Consellería (www.edu.xunta.gal/fp) publícase un documento con Preguntas e respostas en relación co desenvolvemento do terceiro trimestre nas ensinanzas de FP.

Na páxina 6 aparece a pregunta: "E canto ás bolsas de estudos do MEFP, o alumnado que realiza a FCT e/ou o Proxecto a partir do 1 de setembro de 2020 (outro curso) conservará a bolsa?", que se responde do seguinte modo: "Tal como se recolle no punto 1.2.b.i) da Resolución do 23 de abril de 2020, para a realización da FCT a partir do 1 de setembro de 2020, na avaliación de xuño o módulo de FCT será avaliado como unha renuncia. A renuncia a realizar a FCT no período ordinario pode provocar que o/a alumno/a non teña dereito á percepción desta bolsa para o próximo curso. O centro deberá informar e deixar constancia de que se informou o alumnado desta circunstancia."

Documento: http://www.edu.xunta.gal/fp/preguntas-respostas-en-relacion-co-desenvolvemento-terceiro-trimestre-nas-ensinanzas-fp

Share this post