A Coordinación de Emprendemento en colaboración co Departamento de FOL organiza unha primeira xornada-taller sobre o cooperativismo para  Ciclos Formativos da quenda de mañan. 

O obxectivo da mesma é dar a coñecer a economía social e as fórmulas empresariais que  a conforman, as súas particularidades é os apoios ás mesmas.

Desenvolveráse este vindeiro xoves 15 de novembro, en horario de 13.00 a 14.30, na Aula 25 e será para os Ciclos Formativos de:

- 2º Laboratorio de Control de Calidade A.
- 2º Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos A.
- 2º Construcións metálicas A.
- 2º  Automoción A

A actividade será a cargo de Alexandre Pereira Pérez, técnico da Rede Eusumo ( Cooperativismo e Economía social).

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartaz do evento.

 
 
 
 

 

 

Día e hora do evento: 
xoves, 15 Novembro, 2018 - 13:00 a 14:30