"II Xornada de economía social e traballo cooperativo"

O Departamento de FOL en colaboración coa Coordinación de Emprendemento organizou unha segunda xornada sobre o cooperativismo para Ciclos Formativos da quenda de tarde. 

O obxectivo da mesma é dar a coñecer a economía social e as fórmulas empresariais que a conforman, as súas particularidades é os apoios ás mesmas.

O obradoiro desenvolveráse este vindeiro martes 12 de febreiro, en horario de 16.30 a 18.00 e terá como público obxectivo:

• CM Electromecánica de vehículos automóbiles B.
• ZS Automoción (Modular).
• ZM Soldadura e caldeiraría (Modular).
• CS Automatización e robótica industrial.
• CS Sistemas electrotécnicos e automatizados (Dual).
• ZS Laboratorio de análise e control de calidade (Dual).

A actividade será a cargo de Alexandre Pereira Pérez, técnico da Rede Eusumo ( Cooperativismo e Economía social) e será na aula 25 ( no 2º andar).

Día e hora do evento: 
sábado, 12 Xaneiro, 2019 - 16:30 a 18:00