A Coordinación de Emprendemento, en colaboración co Dpto de Formación e Orientación Laboral, organizou para este xoves 23 de novembro unha xornada formativa de cooperativismo.

A actividade que levará por nome “ E ti,coñeces a fórmula?" será a cargo de Rosa Álvarez Bernárdez, técnica da Unión de Cooperativas ESPAZOCOOP.

Os obxectivos son estimular o emprendemento cooperativo, o impulso de iniciativas desde a óptica cooperativa e adifusión e divulgación desa fórmula.

Preme sobre as seguintes ligazóns para acceder ao cartaz da actividade e ao díptico informativo.

 

Día e hora do evento: 
xoves, 23 Novembro, 2017 (All day)