O Instituto Politécnico do Cávado e do Ave (IPCA)


Os Cursos de Técnico Superior Profissional (CTeSP)

O alumnado que remata un curso profissional xa vimos que podía proseguir os seus estudos no ensino superior, estudando un grao universitario ou un Curso de Técnico Superior Profissional (CTeSP).

 Os CTeSP son cursos superiores ofrecidos polas Institucións de Ensino Superior Politécnico. Teñen unha duración de catro semestres de traballo, tres de ensino curricular e o último de formación en contexto de traballo.

Cada curso componse dun conxunto de unidades curriculares, organizadas en compoñentes de formación xeral e científica e formación técnica, así como de formación en contexto de traballo, que suman un total de 120 créditos ECTS.

Ao rematar obtense o diploma de Técnico Superior Profissional, cunha cualificación de nivel 5 do Cadro Nacional de Cualificacións. 

Estes titulados aínda poden proseguir os seus estudos de grao mediante un acceso especial e só terían que cursar dous dos tres cursos correspondentes.

O Instituto Politécnico do Cávado e do Ave (IPCA) é unha institución de Ensino Superior Politécnico con sede en Braga, Barcelos e Guimarães que ofrece os seguintes cursos técnicos superiores:

    • Aplicacións móbiles
    • Apoio á xestión
    • Comercio Eletrónico
    • Contabilidade e Fiscalidade
    • Cociña e Innovación Alimentaria
    • Desenvolvemento Web Multimedia
    • Deseño Técnico e Maquetación
    • Deseño de Calzado
    • Deseño de Moda
    • Deseño para Medios Dixitais
    • Electrónica, Automatización e Comando
    • Enerxía, Telecomunicacións e Domótica
    • Exportación e Loxística
    • Ilustración e Arte Gráfica
    • Mantemento Industrial
    • Mecánica do Automóbil
    • Moldeado de Plásticos
    • Organización e Xestión de Eventos
    • Redes e Seguridade Informática
    • Restauración e Bebidas
    • Sistemas Electrónicos e Computadores
    • Soldadura Avanzada
    • Turismo, Natureza e Aventura
    • Xestión Industrial da Produción

Para máis información, pódese consultar esta páxina do IPCA.

Share this post