Durante este Curso 2016-2017 participamos en diferentes proxectos dentro do programa ERASMUS +:

-O noso proxecto de centro, é un proxecto KA 103: 2016-1-ES01-KA103-022737, no que disponemos de 5 becas para o alumnado de Ciclos Superiores e 1 para profesorado. A cuantía económica pódese ver aquí.

-Participamos en consorcio coa consellería e outros centros de Galicia nun proxecto KA102: “Next Station: Improving Professional Skills in Galicia” 2016-1-ES01-KA102-024869, dentro deste proxecto dispoñemos de prazas tanto para alumnado como para profesorado de Ciclos Medios. A cuantía económica pódese ver aquí.