Premios extraordinarios de FP de Grao Superior


"Dúas alumnas do Politécnico entre as persoas galardonadas"

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presidiu o acto de entrega dos Premios Extraordinarios de Bacharelato, de FP de grao superior e das Ensinanzas Artísticas Profesionais.

No caso dos Premios Extraordinarios de Formación Profesional de grao superior, correspondentes ao curso 2016/17, resultaron premiadas as alumnas do noso Centro: Cristina Villar Pazos, da familia profesional de Instalación e Mantemento, e Sara Refojo Seco, de Química. Desde o CIFP Politécnico de Santiago queremos manifestar a nosa satisfacción polos premios acadados e felicitar tanto ás nosas alumnas como a todo o alumnado galardonado.

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder á nova completa do portal da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

 
 
 
 

 

 

Share this post