Electrónica


Fondo: Descrición

Esta obra desenvolve os contidos do módulo profesional de Electrónica que seguen os alumnos do Ciclo Formativo de grao medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas, pertencente á familia profesional de Electricidade e Electrónica.

Preparouse co obxectivo principal de que os contidos resulten claros e sexan didácticos á vez que prácticos. Así mesmo, estamos seguros de que os temas aquí tratados serán de gran axuda para comprender os fundamentos de todas as tecnoloxías baseadas na electrónica. Para iso elaboráronse 15 Unidades didácticas que combinan a teoría con experimentos e montaxes prácticos. Ademais, en todas elas ofrécense multitude de actividades resoltas e exemplos que facilitan enormemente a comprensión das explicacións teóricas.