Apertura da Convocatoria

Está aberto o prazo para participar no concurso Eduemprende Idea 2018, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Comprende dúas modalidades: una para ciclos de grao superior (A) e outra para ciclos de grao medio (B).

A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

Os premios consistirán en:

- Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
- Asesoramento técnico do Igape.
- Dotación económica: 1º premio: 3.000 €,2º premio: 2.000 €,  3º premio: 1.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o día 5 de maio de 2018.

Bases do concurso na seguinte ligazón.

Máis información na seguinte ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta:

- IGAPE:  https://www.tramita.igape.es  Tfno 900 81 51 51
- Asesoría de emprendemento: eduemprende@edu.xunta.es Teléfono 981 54 65 64