Actividades

Actividades do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Conferencia divulgativa

Deseño para o outro  90%

O vindeiro xoves, 28 de xaneiro, terá lugar unha charla no noso centro sobre dispositivos baseados na aplicación de conceptos básicos de Termodinámica para o deseño de sistemas enerxéticos para o Terceiro Mundo, dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago". Será impartida por Dna. María del Pilar Brocos Fernández, profesora titular do Departamento de Física Aplicada, da Facultade de Física.

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartel da actividade.

Organizan os departamentos de Información e Orientación e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega.

Conferencia divulgativa

Leonardo: a representación gráfica das súas ideas

O vindeiro xoves, 26 de novembro, terá lugar unha charla no noso centro sobre a faceta de Leonardo da Vinci como inventor, dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago". Será impartida por D. Francisco  Javier López González, profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC (campus de Lugo).

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartel da actividade.

Organizan os departamentos de Información e Orientación e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega.

Celebración do II Magosto e Samaín

O pasado 12 de novembro celebramos o II Magosto no CIFP Politécnico de Santiago. Houbo música, castañas e doces caseiros.

Mes da Ciencia, Tecnoloxía e Innovación

Mes da Ciencia, Tecnoloxía e Innovación

Durante os meses de novembro e decembro terá lugar a elaboración e exposición de posters sobre actividades e proxectos relacionados coa CIENCIA e INNOVACIÓN que se están a desenvolver no centro.

Preme sobre o seguinte enderezo para acceder ao cartel informativo da xornada.

SAMAÍN II

II MAGOSTO e celebración do SAMAÍN

O vindeiro xoves, 12 de novembro, ás 11.30 da mañán haberá castañas, música e foliada para celebrar o Samaín. Se traemos doces caseiros, compartimos.

Preme sobre o seguinte enderezo para acceder ao cartel informativo da xornada.

Francisco Luengo

Francisco Luengo

Dentro dos actos programados con motivo da celebración do día das Letras Galegas, o venres 22 de maio recibimos a visita de Francisco Luengo e dunha selección de alumnado do Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela.

Conferencia do músico e luthier Francisco Luengo

Conferencia do músico e luthier Francisco Luengo

Este venres 22 de maio, ás 20.00 horas, o músico e luthier Francisco Luengo impartirá no Salón de Actos do noso Centro unha conferencia co título "A lutería artística na Idade Media" sobre a construción dos instrumentos do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela.

Complementará a velada a actuación de Antía Muiño Sánchez (guitarra) e o Conxunto de Violíns de 1º e 2º de Grao Profesional do CMUS de Santiago.

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartel da actividade.

Organizan o Departamento de Madeira, Equipo de Dinamización de Lingua Galega e a Biblioteca do CIFP Politécnico de Santiago; así como o Equipo de Dinamización Lingüística e o profesorado de violín e guitarra do Conservatorio Profesional de Santiago.

Páxinas