Actividades

Actividades do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Letras Galegas 2016

Concerto da Orquestra Xuvenil de Corda do Conservatorio Profesional de Música de Santiago

Con motivo da celebración das Letras Galegas, a Orquestra Xuvenil de Corda do Conservatorio Profesional de Música de Santiago interpretará no noso Centro un programa didáctico e desenfadado no que soarán tanto autores clásicos coma obras de reciente creación.

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartel da actividade.

Organizan o Equipo de Dinamización de Lingua Galega e a Biblioteca do CIFP Politécnico de Santiago.

RESULTADO: I CONCURSO GUIONIZAR VIÑETAS

RESULTADO: I CONCURSO GUIONIZAR VIÑETAS

Reunido o xurado do concurso formado pol@s  integrantes  do  EDLG,  un membro  do  equipo  directivo  e  a  autora  das  viñetas,  puntuáronse  as  viñetas guionizadas do seguinte xeito: 10, 5, 3 e 1.

Proxecto DECO

O pasado 10 de marzo recibimos a visita dos responsables do Proxecto DECO, enmarcado no programa ERASMUS+, e coa financiación do Fondo Social Europeo.

Celebración do día da Muller Traballadora 2016

A pasada semana celebramos o día da muller traballadora no CIFP Politécnico de Santiago, colocando nos taboleiros do recibidor varias fotos, acompañadas dunha lenda, sobre mulleres consideradas sobresaíntes.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotos conmemorativas do evento.

Charla divulgativa

Aplicacións da Biotecnoloxía e da Enxeñaría Ambiental

Para o próximo luns 7 de marzo, dentro das charlas divulgativas da USC, está acordada a seguinte: “Aplicacións da Biotecnoloxía e da Enxeñaría Ambiental”.

Prema sobre a seguinte ligazón para descargar o cartaz da actividade.

Día Internacional da Muller Traballadora

Día Internacional da Muller Traballadora

Durante a semana do 7 ao 11 de marzo celebrarase neste Centro o día (semana neste caso) da Muller traballadora.

Colga no taboleiro do recibidor unha foto, acompañada dunha lenda, sobre unha muller que consideres sobresaínte.

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartaz da actividade.

Celebración do Entroido

O pasado venres, 5 de febreiro celebramos o Entroido no CIFP Politécnico de Santiago. Houbo doces caseiros para compartir: filloas, orellas, rosquillas...

Doces de Entroido

Doces de Entroido

O venres, 5 de febreiro, ás 11.30 da mañán, no recibidor do noso Centro, trae doces para compartir e celebrar o Entroido: filloas, orellas, rosquillas, follas de limón... Coa súa receita.

Preme sobre o seguinte enderezo para acceder ao cartel informativo da xornada.

Páxinas