Actividades

Actividades do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Charla Programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC"

Procesos de separación na industria química

O mércores 25 de xaneiro, de 17.00-18.00 h., no Salón de Actos, haberá unha charla sobre "A necesidade de andar separando: procesos de separación na industria química", dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago".

Conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero

No CIFP Politécnico de Santiago estamos radicalmente en contra da violencia de xénero, razón pola que o 25 de novembro manifestámonos no vestíbulo do noso Centro.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotos conmemorativas.

Celebración do III Magosto e Samaín

O pasado 11 de novembro celebramos o III Magosto no CIFP Politécnico de Santiago. Houbo música, castañas e doces caseiros.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotos conmemorativas do evento.

SAMAÍN III

III MAGOSTO e celebración do SAMAÍN

O vindeiro venres, 11 de novembro, ás 18.00 da tarde haberá castañas, música e foliada para celebrar o Samaín. Se traemos doces caseiros compartirémolos.

Preme sobre o seguinte enderezo para acceder ao cartel informativo da xornada.

Cándido Pazó

Cándido Pazó

Na semana das Letras Galegas recibiremos a Candido Pazó no noso centro.

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartel da actividade.

Organizan o Equipo de Dinamización de Lingua Galega e a Biblioteca.

Páxinas