Actividades

Actividades do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Letras Galegas 2018

Actuación de Serafín Marcos

Este luns, 21 de marzo, recibimos no noso centro a visita de Serafín Marcos, quen nos ofreceu o monólogo "Unha historia de amor".

Celebración de Conferencia: "Materiais si pero, sobre todo, sentidiño."

Don Alfonso J. Vázquez Vaamonde, Profesor Investigador do CSIC

Organizada polo Departamento de Química e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, tivo lugar unha conferencia sobre materiais impartida polo profesor investigador do CSIC don Alfonso J. Vázquez Vaamonde o día 14 de maio de 2018.

Con motivo das letras galegas 2018

Con motivo da celebración do día das letras galegas, Serafín Marcos, ás 10.30 do luns 21 de maio representará un monólogo que leva por título "Unha historia de amor" e faremos unha lectura de textos de María Victoria Moreno o mércores 23 de maio ás 11.30 horas.

Conferencia: "Materiais si pero, sobre todo, sentidiño."

O luns, 14 de maio, ás 10.15 horas, no Salón de Actos, haberá unha charla sobre materiais químicos, que será impartida polo profesor investigador do CSIC don Alfonso J. Vázquez Vaamonde.

Día Internacional da Muller 2018

Durante a semana do 5 ao 9 de marzo celebrarase neste Centro o día (semana neste caso) da Muller traballadora.

"Contaminantes emerxentes no ámbito doméstico"

O luns, 19 de febreiro, ás 17.00 horas, no Salón de Actos, haberá unha charla sobre "Contaminantes emerxentes no ámbito doméstico", dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago".

Entroido 2018

Celebración do Entroido o pasado venres

O pasado venres, 9 de febreiro, na hora da pausa da mañán, celebramos o Entroido no noso centro.

Entroido 2018

O vindeiro venres 9 de febreiro ás 11.30 da mañán, no recibidor do noso Centro, trae doces para compartir e celebrar o Entroido: filloas, orellas, rosquillas, follas de limón... (coa súa receita).

"Ledes: luces e sombras"

O martes 23 de xaneiro, ás 10.30 horas, no Salón de Actos, haberá unha charla sobre "Ledes: luces e sombras", dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago".

Páxinas