Novas

Novas que teñen relación directa co Departamento de Información e Orientación Profesional

Exposición de Proxectos 2014

Programa de Iniciativa Xoven

O vindeiro venres, 16 de xaneiro, no vestíbulo de entrada do noso centro, terá lugar unha exposición dos proxectos seleccionados no programa de iniciativa xoven 2014: "Manexo de biorreactores", "Uso dos Spin Air" e "Xogando coa Química".

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartaz da actividade.

Conferencia divulgativa

Enerxías Renovables

O vindeiro mércores, 14 de xaneiro, terá lugar unha charla no noso centro sobre Enerxías Renovables, dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago". Será impartida polo profesor de Física Aplicada da USC José Antonio Rodríguez Añón.

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartel da actividade.

Organizan os departamentos de Información e Orientación e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega.

Conferencia divulgativa Electricidade

Superconductividade

O vindeiro martes, 2 de decembro, terá lugar unha charla no noso centro sobre Superconductividade, dentro do programa " A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago". Será impartida polo profesor da Facultade de Física da USC Jesús Mosquera Rey.

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartel da actividade.

Organizan os departamentos de Información e Orientación e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega.

Páxinas