Novas

Novas que teñen relación directa co Departamento de Información e Orientación Profesional

Charla divulgativa

Aplicacións da Biotecnoloxía e da Enxeñaría Ambiental

Para o próximo luns 7 de marzo, dentro das charlas divulgativas da USC, está acordada a seguinte: “Aplicacións da Biotecnoloxía e da Enxeñaría Ambiental”.

Prema sobre a seguinte ligazón para descargar o cartaz da actividade.

Charla do Departamento de Orientación

Acceso á Universidade dende a FP

A próxima semana, o Departamento de Información e Orientación Profesional levará a cabo, no Salón de Actos, unha charla informativa ao alumnado de de Ciclos Superiores acerca do acceso á Universidade dende a Formación Profesional.

Semana de Portas Abertas 2016

O CIFP Politécnico de Santiago organiza unha Semana de Portas Abertas dende o 1 ao 4 se febreiro de 2016. Invitamos aos centros educativos que imparten os últimos cursos da ESO e Bacharelato co fin de que este alumnado coñeza máis de cerca a Formación Profesional e conte con ela como unha alternativa máis de formación. 

Conferencia divulgativa

Deseño para o outro  90%

O vindeiro xoves, 28 de xaneiro, terá lugar unha charla no noso centro sobre dispositivos baseados na aplicación de conceptos básicos de Termodinámica para o deseño de sistemas enerxéticos para o Terceiro Mundo, dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago". Será impartida por Dna. María del Pilar Brocos Fernández, profesora titular do Departamento de Física Aplicada, da Facultade de Física.

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartel da actividade.

Organizan os departamentos de Información e Orientación e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega.

Conferencia divulgativa

Leonardo: a representación gráfica das súas ideas

O vindeiro xoves, 26 de novembro, terá lugar unha charla no noso centro sobre a faceta de Leonardo da Vinci como inventor, dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago". Será impartida por D. Francisco  Javier López González, profesor do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC (campus de Lugo).

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartel da actividade.

Organizan os departamentos de Información e Orientación e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega.

Páxinas