Novas

Novas que teñen relación directa co Departamento de Información e Orientación Profesional

Gañadores GaliciaSkills2016

Gañadores GaliciaSkills2016

Dende o CIFP Politécnico de Santiago queremos felicitar aos gañadores de cada un dos 17 Skills que estiveron a competir no recinto feiral de Silleda entre os días 30 de novembro e 1 decembro e, especialmente, aos alumnos do noso Centro: Raúl Piñeiro Rodríguez (Primeiro Premio na especialidade de Carpintaría e Ebanistería) e Álvaro Casas Rodríguez e Fernando Fajín Vaamonde (Segundo Premio na especialidade de Mecatrónica).

Charla divulgativa

Aplicacións da Biotecnoloxía e da Enxeñaría Ambiental

Para o próximo luns 7 de marzo, dentro das charlas divulgativas da USC, está acordada a seguinte: “Aplicacións da Biotecnoloxía e da Enxeñaría Ambiental”.

Prema sobre a seguinte ligazón para descargar o cartaz da actividade.

Charla do Departamento de Orientación

Acceso á Universidade dende a FP

A próxima semana, o Departamento de Información e Orientación Profesional levará a cabo, no Salón de Actos, unha charla informativa ao alumnado de de Ciclos Superiores acerca do acceso á Universidade dende a Formación Profesional.

Páxinas