Actividades

Actividades de Emprendemento

Charlas do programa Atrévete 2015 - 2016

EDUEMPRENDE

O vindeiro venres, 27 de novembro, darán comezo as charlas do Programa Atrévete 2015/16 no noso centro dirixidas ao alumnado de 5º/6º de Primaria e 1º/2º de Educación Secundaria.

CHARLAS DA AXENCIA LOCAL DE COLOCACIÓN

O pasado luns 26 de outubro (en dúas sesións, de 12 a 13h e de 14 a 15h) e onte, martes 3 de novembro de 2015 (de 16 a 17h), persoal técnico de emprego da Axencia Local de colocación informou no Centro sobre o I Foro colaborativo para o emprego (FOCO 2015) que terá lugar no Palacios de Congresos o 5 e 6 de novembro de 2015.

CHARLA DA AXENCIA LOCAL DE COLOCACIÓN

CHARLA DA AXENCIA LOCAL DE COLOCACIÓN

O vindeiro luns 26 de outubro persoal técnico de emprego do Concello de Santiago informará sobre I Foro colaborativo para o emprego que vai ter lugar no Palacios de Congresos o 5 e 6 de novembro. As charlas serán de 12.00 a 13.00h e de 14.00 a 15.00h.

Celebración da Mesa Redonda da Familia de Química

O pasado xoves, 5 de marzo, celebrouse no Salón de Actos do noso Centro unha mesa redonda organizada polos departamentos de Química e Información e Orientación Profesional (Emprendemento).

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotos conmemorativas do evento.

Mesa Redonda da Familia de Química

Mesa Redonda da Familia de Química

Os departamentos de Química e Información e Orientación Profesional (Emprendemento) organizan unha mesa redonda na que intervirán Juan Carlos Rama (Director RR.HH. de Congalsa S.L.), Juan J. Verdes Gómez (Fundador i-Grape Laboratory) e Cristina Buceta Montero (Responsable de Laboratorio en Corporación Laber, Laboratorio y Consultoría S.L.).

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder ao cartel informativo da actividade.

Xornadas de Emprendemento

XORNADAS DE EMPRENDEMENTO

Durante a semana do 2 ao 6 de marzo celebraranse neste Centro unhas Xornadas de Emprendemento dirixidas ao alumnado do 2º curso dos distintos Ciclos Formativos.

Charla de Emprendemento

Charla de Emprendemento

O martes 25, de 12-14 h., haberá unha charla por parte dun técnico do Igape e un emprendedor.

Charlas do programa Atrévete 2014

EDUEMPRENDE

Hoxe comezan as charlas do Programa Eduemprende no noso centro dirixidas ao alumnado de 6º de Primaria.

Páxinas