Actividades

Actividades de Emprendemento

Mesa Redonda da Familia de Química

Mesa Redonda da Familia de Química

O departamento de Química e a coordinación de Emprendemento organizan unha mesa redonda na que intervirán don Miguel González Castromil (Director InDrops Laboratorio), don José Manuel Santamaría Pérez (Xestor do grupo de investigación Biofarma (USC) e socio de Oncostellae S.L.) e dona Mercedes Mella Lema (Técnica de Laboratorio no centro de  investigacións agrarias de Mabegondo, CIAM).

Mañá mércores no Salón de Actos, de 10.00 a 11.30 h.

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder ao cartel informativo da actividade.

“ACTITUDES E HABILIDADES PARA O ÉXITO”

ACTIVIDADE FORMATIVA

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,a través de EduEmprende, desenvolverase o vindeiro luns 20 de febrero unha actividade formativa para alumnado diverso de diferentes centros da comarca.

Mesas Redondas por Familias Profesionais

Mesas Redondas por Familias Profesionais

A coordinación de Emprendemento en colaboración cos respectivos Departamentos das familias profesionais organizou para a vindeira semana, do 20 ao 24 de febreiro, Mesas redondas por familias profesionais. Nesas xornadas o alumnado respectivo terá ocasión de coñecer a experiencia de empresari@s  e  especialistas  do sector, e plantexarlles preguntas sobre diversas cuestións que sexan do seu interés.

Máis información no cartaz que se achega.

Visita do alumnado do Centro ao Viveiro de Empresas

Dende a coordinación de Emprendemento co  obxectivo de difundir, promover e apoiar as iniciativas emprendedoras entre o alumnado no noso centro visitamos con diversos grupos de 2º o viveiro de empresas existente no mesmo, pertencente á rede de viveiros da Consellería.

VISITA DE ALUMNADO DO IES BILINGÜE ROSALÍA DE CASTRO

Neste pasado mes de novembro recibimos a visita do alumnado dos CFs de Guías de Turismo e Axencias de Viaxes e de Actividades Físico-Deportivas do IES Bilingüe Rosalía de Castro.

EMPRENDEMENTO

ACTIVIDADE EDUEMPRENDE-Actúa

Este vindeiro martes 29 de novembro desenvolverase no centro una acción formativa baixo o título de “ Actividade emprendedora como chave para o teu futuro”.

EMPRENDEMENTO

XORNADA DE COOPERATIVISMO

Dentro das actividades de fomento do espíritu emprendedor e coa finalidade de fomentar o traballo colaborativo, celebrarase este vindeiro mércores 23 de novembro, en horario de 17.00-20.00 e na Aula 25 do noso Centro, unha xornada de cooperativismo a cargo de Brais Pérez, de Encomún proxectos, s. coop. Galega.

EMPRENDEMENTO

OBRADOIROS DE COMUNICACIÓN PARA A EMPRESA

O vindeiro xoves 17 de novembro, impartiráse a primeira das xornadas de dous obradoiros de comunicación para a empresa. Serán a cargo de Blanca Reimonde, da empresa Elenda Comunicación.

EMPRENDEMENTO

SEMINARIO DE PROTOTIPADO 3D

O vindeiro luns 07 de novembro, impartiráse unha charla e a primeira das xornadas dun seminario de ferramentas de prototipado 3D no noso centro para o alumnado de Deseño e Amoblamento.

Páxinas