Actividades

Actividades de Emprendemento

VISITAS AO VIVEIRO DE EMPRESAS DO CENTRO

Esta pasada semana as charlas divulgativas sobre emprendemento e a posterior visita ao viveiro  foron para os seguintes grupos.

VISITA DO NOSO ALUMNADO AO VIVEIRO DE EMPRESAS DO CENTRO

Desde a Coordinación de Emprendemento continuamos coa organización de visitas ao viveiro de empresas que se encontra nas instalación do  noso centro, dos grupos de 2º curso dos Ciclos Formativos.

VISITA DO NOSO ALUMNADO AO VIVEIRO DE EMPRESAS DO CENTRO

Retomamos o novo curso e unha das actividades programadas é a visita ao viveiro de empresas do noso centro, comezando por difundilo entre os grupos de 2º curso dos Ciclos Formativos.

CLAUSURA DO PROGRAMA LANZADEIRAS

Esta vindeira semana celebraráse o acto de clausura do Programa Lanzadeiras, a terceira edición de A Coruña Emprende, co que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Alcoa buscan promover o espírito emprendedor no alumnado e fomentar o desenvolvemento de cualidades e habilidades persoais como a creatividade, a iniciativa, asunción de rsicos e responsabilidade.

O noso centro participa con dous proxectos: Laboratorios AEPEC e Laboratorios Eneo.

Celebración dos talleres de Primeiros Auxilios

Os días 2,3, e 4 de maio o alumnado de primeiro curso de todos os ciclos formativos, participaron nos talleres de primeiros auxilios que foron organizados polo Departamento de FOL e impartidos por persoal de Cruz Vermella de Santiago.

Celebración dos talleres de Búsqueda de Emprego

O Departamento de FOL, en colaboración co Departamento de Información e Orientación profesional organizou uns talleres de busca de emprego que se desenvolveron  o xoves 2 de marzo.

Celebración da Mesa Redonda da Familia Profesional de Fabricación Mecánica

Mesa Redonda

Desde a Coordinación de Emprendemento e o Depto de Fabricación Mecánica, organizouse a mesa redonda para dita familia que se desenvolveu este pasado 24 de febreiro. Na mesma contamos coa presencia de dous empresarios, Higinio Marqués Gallo, Director técnico de Troqueles e Moldes de Galicia, TROMOSA, e Andrés Quintá Cortiñas, fundador e presidente do grupo Quintá, do que a empresa matriz é EXTRUGASA.

Celebración da Mesa Redonda da Familia Profesional de Electricidade e Electrónica

Desde a Coordinación de Emprendemento e o Departamento de Electricidade e Electrónica organizouse a mesa redonda para dita familia  que se desenvolveu este pasado 23 de febreiro. Na mesma contamos coa presencia de J. Angel Taboada e Eva Mª Ben Garea, investigador principal e xestora do proxecto Life-Opere, que viñeron a presentar, do Laboratorio de sistemas do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC, e Lucía Lampón Bentrón, responsable de Enerxía en Vagalume- Energía.

Celebración da Mesa Redonda da Familia Profesional de Madeira, Moble e Cortiza

Mesa Redonda

Desde a Coordinación de Emprendemento  e o Departamento de Madeira  organizouse a mesa redonda para dita familia que se desenvolveu este pasado 21 de febreiro. Na mesma contamos coa presencia de dous  xovenes emprendedores do sector,  Inazio Abrao Gómez  e Borja  López Pérez.

Celebración da Mesa Redonda da Familia Profesional de Transporte e Mantenemento de Vehículos

O Departamento de Automoción e a Coordinación de Emprendemento organizou a mesa redonda para dita familia que se desenvolveu este pasado 20 de febreiro. Na mesma contamos coa presencia de dous ex alumnos, J. Manuel Vilariño Amenal, Responsable de postventa en  Compostela Móvil. e Juan A. Caamaño Martínez, Xerente de San Marcos  Automoción.

Páxinas