Emprendemento

Coordinación de Emprendemento

Concurso Eduemprende Idea 2016

Concurso Eduemprende Idea 2016

No DOG do venres 29 de abril, publicouse a Resolución do 15 de abril de 2016 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2016, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

O Pop Up Emprendedores chega á Universidade de Santiago de Compostela

A formación inclúe talleres de creatividade, co-working, comunicación, e xestión de proxectos.

Concurso Desafío SCQ

Concurso Desafío SCQ

Trátase dun concurso dirixido ás empresas e estudantes de 3º e 4º da ESO, Bacharelato e FP de Santiago de Compostela.

O obxectivo da iniciativa é xerar cultura emprendedora entre a xuventude compostelá mediante a súa organización en grupos de traballo para atopar solucións a determinados retos presentados polas empresas participantes.

Cooperativismo no ensino 2015

Cooperativismo no ensino 2015

A Consellería de Traballo e Benestar convoca o certame cooperativismo no ensino dirixido aos centros educativos de Galicia.

O certame Cooperativismo no ensino ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial de Galicia , impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

Páxinas